2. Un galeguista de acción para a cultura

A mocidade de Fernández del Riego atopou moi pronto a súa propia traxectoria política. Como documentan Franco Grande e Rajó Pazó, o mozo Francisco, instalado en Madrid para completar os seus estudos en Dereito, formou parte moi pronto da FUE (Federación Universitaria Escolar), que protagonizou importantes movementos de protesta estudantil durante a segunda década do século. No mesmo período, Francisco participa na Granja del Henar, un faladoiro  a cargo de Valle-Inclán que reuniu a vida intelectual galega da capital.