Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia
Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, porque en el conflúen tres facetas importantes: a dedicación ao estudo da lingua e a literatura galega, o maxisterio que impartiu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a creación literaria, especialmente no xénero poético. Membro do Seminario de Estudos Galegos, participa na fundación do Partido Galeguista en 1931 e na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936, oficial do exército republicano, profesor e académico da RAG.
A súa biografía está marcada pola Guerra Civil -que rememora na novela Scórpio (1987)-, a represión e a ditadura franquista, o que non lle impediu crear unha importante obra académica, literaria, didáctica e divulgativa. Elabora traballos fundamentais como a Historia da literatura galega contemporánea (1863, ampliada en 1975) e a Gramática elemental del gallego común (1966). As súas incursións lingüísticas aparecen ao comezo vencelladas aos seus estudos literarios, despois virarán cara ao plano didáctico e desembocarán nos problemas da codificación e da política lingüística.
- Dea xeral e edición: Gabriel Tomás i Esther Acereda .
- Textos a cargo de: María Xesús Lama López (Estudis Gallecs i Portuguesos de la UB).
- Deseño gráfico: Gabriel Tomás, Carolina Zarauza i Esther Acereda.
- Deseño e presentació da exposición física: CRAI Biblioteca de Lletres.
- Agradecementos: a Maria Xesús Lama pola realización dos textos desta exposición, á Real Academia Galega e ao Parlamento de Galicia pola súa colaboración facilitándonos o acceso aos seus fondos documentais e a Moncho Rama polo seu permiso de uso dalgunhas das súas fotografias, permitíndonos entre todos ilustrar graficamente o percorrido que fixemos pola vida e a figura de Ricardo Carvalho Calero.