Letras Galegas 2020: Carvalho Calero, escritor e poeta sempre (04)

     Dos anos de mocidade e a vida universitaria en Compostela datan a colaboración co Seminario de Estudos Galegos e as súas primeiras obras literarias, libros de poemas. Despois da guerra é apresado polas forzas franquistes é condenado a 12 anos de prisión e inhabilitado. Neses anos escribe poemas, moitos dos cales non chega publicar. Retoma a publicación da súa obra poética co volume Anxo da Terra (1950), ao que seguiría dous anos despois Poemas pendurados de un cabelo  (1952) e xa aos comezos da década seguinte, Salterio de Fingoy  (1961). Tamén en 1950 gaña o premio de novela galega convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra A xente da Barreira, primeira novela en galego publicada na posguerra (1951). Moito máis tarde publica unha segunda novela titulada Scorpio (1987).
 

Foto: Camilo Fernández.

     Nos primeiros anos oitenta comeza a recoller, depurar e reeditar a súa obra literaria. Compila e revisa a súa poesía en Pretérito imperfeito, 1927-1961  (1980) e Futuro condicional, 1961-1980  (1982), mentres que a obra dramática é reunida en Teatro completo  (1982) e a narrativa en A gente da Barreira e outras histórias (1982) e Narrativa completa  (1984).

 

 

 

SEG_Carballo_Calero_1931