Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego, o camiño dun intelectual
Francisco Jesús Benito Antonio Fernández del Riego (Lourenzá, 1913- Vigo, 2010) foi un ensaísta, intelectual e promotor da cultura galega. Probablemente, un dos activistas máis destacados na defensa da lingua durante o século XX. A figura de Fernández del Riego é homenaxeada en 2023 no marco do Día das Letras Galega e isto non é máis que un xiro inesperado: recibe o seu merecido recoñecemento a través dunha celebración que el mesmo imaxinou e instituíu en 1963. Del Riego produciu unha obra intelectual moi heteroxénea porque gozou dunha vida dinámica e estimulante. É por iso que esta breve exposición virtual procura facer xustiza a ese vencello entre biografía e obra, camiño vital e escrita literaria.
Introdución e índice
Xa que logo, a nosa exposición está divida en cinco paneis, os dous primeiros intentan facer un achegamento xeral á dimensión biográfica do noso autor. Os tres seguintes, atenden os seus proxectos máis destacados: Editorial Galaxia, Grial, a Historia da literatura galega e a súa relación coa Real Academia Galega e a Fundación Penzol. Xa que logo, a intención desta exposición e presentar unha paisaxe xeral da labor fundacional de Fernández del Riego na nosa cultura.
| |
|
Crèdits
Responsables d'aquesta exposició:
- Texts i imatges: Prof. Rodrigo Alfaya, lector de gallec a la Universitat de Barcelona.
- Edició i disseny: Esther Acereda i Gabriel Tomàs.