Llengües

4. Historia da literatura galega

 

Versión castelán da Historia de la Literatura Gallega
Versión castelán da Historia de la Literatura Gallega
Fonte: https://rb.gy/qpdnrx

 

 

A Historia de la literatura gallega de Fernández del Riego foi publicada en 1951 en Editorial Galaxia e formaba parte dunha colección titulada Manuales Galaxia. Esta primeira versión estaba enteiramente escrita en castelán e só ata 1971 aparece publicada a Historia da literatura galega, que posteriormente tivo diversas edicións e reedicións na mesma editorial. Xa que logo, non se tratou dunha publicación illada, senón dun longo proceso intelectual que tivo a vontade de sistematizar e actualizar a tradición literaria galega.

 

Historia da literatura galega publicada en 1971
Historia da literatura galega publicada en 1971

 

A idea de que esta Historia da literatura galega funcionase como un manual explica a súa composición, extensión e formato: percorrido lineal polo diferentes períodos, exposición das principais correntes literarias, descrición do contexto cultural e sínteses biográficas das autoras e autores. Tamén reproduce, en todos los casos, a mesma cronoloxía, que comeza coa literatura medieval galego portuguesa e ata as obras de 1970-1980.

 

Como o mesmo autor indica, esta obra operaría como un "instrumento de traballo". É dicir, unha ferramenta didáctica operativa no só no ámbito do ensino, senón tamén no eido da investigación. Pois, como afirman algúns historiadores e historiadoras da nosa literatura, a súa análise sobre as obras da xeración Nós é destacable polo seu achegamento directo cos autores, o que posibilitou interpretacións excepcionais sobre as obras do período e converteuse nunha referencia para o seu tratamento.

 

Referencias:

  • Grande, Xosé L. Franco e Rajó Pazó, Anxo X. Francisco Fernández del Riego: galeguista de acción e cultura. Ir Indo Edicións, 2023.

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia