A importancia de Fernández del Riego na Real Academia Galega antecedeu a súa anexión como académico na institución. Del Riego tivo desde moi cedo a vontade de dinamizar os espazos academicos e, por ese motivo, é posible considerar que a chegada de Carvalho Calero, Ánxel Fole ou Ramón Piñeiro fose resultado da súa insistencia, segundo documentan Franco Grande e Rajó Pazó. Só ata 1960, Francisco del Riego chegou a formar parte da RAG, cun discurso de ingreso titulado "Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores" que contestou Carvalho Calero.
| Fernández del Riego na Real Academia Galega en 1997. Fonte: https://shorturl.at/brsXY |
Xa dentro da institución, del Riego propón aquilo que será unha das súas pegadas máis importantes na conservación e promoción da cultura galega: a instauración anual do Día das Letras Galegas. Aproveitando que en 1963 cumpríase un século da publicación de Cantares gallegos, Fernández propón homenaxear anualmente a una autora ou autor galego, o que supón revisar a súa obra, reeditala e facer un enorme esforzo de difusión polo territorio. Como se pode supoñer, a primeira autora a quen lle dedicaron a celebración foi a Rosalía de Castro e, no marco da celebración, presentouse una edición de Cantares gallegos anotada e prologada por Bouza Brey.
No ano 1997, Fernández del Riego toma a presidencia da Academia. No cargo, destacou pola súa actividade reformista dentro da institución. Mesmo organizou unha inmensa campaña de difusión polo territorio na que participio directamente e percorreu gran parte de Galicia. Malores Villanueva, unha das súas biógrafas, recupera unha carta que lle dedicaron os traballadores tras rematar o seu período en 2001: “Ata sempre, D. Paco. Ata sempre porque os bos e xenerosos coma ti, nunca se van e sempre quedan na memoria”.
|
Desde 1936, Fernández del Riego mantivo unha relación estreita con Fermín Fernández-Penzol Lavandera, un importante membro do partido galeguista e dono dunha das bibliotecas privadas máis ambiciosas do seu tempo. Tratábase dun dos bibliófilos más destacados da súa xeración, sobre todo referido a obras escritas en galego. En 1956, Penzol Lavandero entregoulle os seus fondos á Editorial Galaxia, que segundo Malore Villanueva, contaba con 7,751 libros e 6,012 folletos. Tempo despois da doazón, acordaríase que o conxunto dos fondos debería quedar en Vigo, lugar de fundación e residencia da editorial. Esta inmensa biblioteca foi o precedente directo da Fundación Penzol, que se constitúe legalmente en 1963.
Fernández del Riego, que ata ese momento era só membro do padroado, foi asignado como director da Fundación. Así, o que en principio foi un inmenso depósito bibliográfico pasou a ser un en espazo para a difusión das letras galegas. Segundo narra Villanueva, no inicio, na fundación creáronse tres seminarios interdisciplinares: de ciencias históricas, de ciencias filolóxicas e lingüística e de ciencias económico-sociais.
En 1985, a fundación muda de instalacións e chega á coñecida praza da Princesa en Vigo, espazo que aínda conserva ata o día de hoxe. Del Riego rematou o seu período na Fundación Penzol en 2009. Algúns ano antes, xa doara a súa biblioteca persoal e a súa colección de obras plásticas. Parece, que o resinto xa había tomada a forma do seu fogar.
Referencias:
- Grande, Xosé L. Franco e Rajó Pazó, Anxo X. Francisco Fernández del Riego: galeguista de acción e cultura. Ir Indo Edicións, 2023.
- Villanueva Gesteira, Malores. Francisco Fernández del Riego: un loitador pola idea de Galicia. Editorial Galaxia, 2022.