Na primavera de 1942 foi liberado e puido regresar a Ferrol. Sancionado coa prohibición de exercer como profesor oficial comezou a traballar en condicións precarias dando clases nalgún centro privado, e escribiu as súas primeiras obras de teatro, máis poesía e a que sería primeira novela da posguerra, A xente da Barreira (1950), que gañou o primeiro premio de novela da editorial Bibliófilos gallegos.
En 1950 o empresario lucense Antonio Fernández López funda o Colexio Fingoi cun avanzado proxecto pedagóxico, privado e laico, e contratan a Ricardo Carballo Calero como director, que permanece nese posto ata 1965. Os irmáns Fernández López, Antonio e Xosé, exerceron de mecenas da cultura galega apoiando a través do colexio a formación de profesorado do círculo galeguista (Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova) e a creación dun centro de estudos lingüísticos e literarios, ao tempo que financiaban a fundación da Editorial Galaxia. De Fingoi sae a publicación dos Contos populares da provincia de Lugo (1963) e a edición crítica de Cantigas de Pero Meogo de Méndez Ferrín (1966).
![]() | ![]() | |
| Ricardo Carvalho Calero (1930). Font: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). | Ricardo Carvalho Calero. Contos populares da provincia de Lugo. Vigo, Galaxia, 1972. |
En 1965 trasládase a Santiago de Compostela como profesor de Lingua e literatura española no Instituto Rosalía de Castro e profesor contratado de Lingua e literatura galega na Universidade. É a primeira experiencia de ensino do galego na universidade, que non chegaría a consolidarse nunha cátedra ata 1972, cando Carvalho ten xa sesenta e dous anos. Os 15 anos que dedicou á docencia universitaria permitíronlle por fin desenvolver unha prolífica obra como investigador, publicando obras fundamentais para o estudo da lingua e da literatura galega.
![Ricardo Carvhaelo. [Fotografía] Aprox. 1930. Parlamento Gallego. Domini públic. <https://bit.ly/2TMcnT4> Ricardo Carvhaelo. [Fotografía] Aprox. 1930. Parlamento Gallego. Domini públic. <https://bit.ly/2TMcnT4>](https://crai.ub.edu/sites/default/files/exposicions/crai.lletres/Carvalho-Calero/calero002.jpg)

