A Historia de la literatura gallega de Fernández del Riego foi publicada en 1951 en Editorial Galaxia e formaba parte dunha colección titulada Manuales Galaxia. Esta primeira versión estaba enteiramente escrita en castelán e só ata 1971 aparece publicada a Historia da literatura galega, que posteriormente tivo diversas edicións e reedicións na mesma editorial. Xa que logo, non se tratou dunha publicación illada, senón dun longo proceso intelectual que tivo a vontade de sistematizar e actualizar a tradición literaria galega.
A idea de que esta Historia da literatura galega funcionase como un manual explica a súa composición, extensión e formato: percorrido lineal polo diferentes períodos, exposición das principais correntes literarias, descrición do contexto cultural e sínteses biográficas das autoras e autores. Tamén reproduce, en todos los casos, a mesma cronoloxía, que comeza coa literatura medieval galego portuguesa e ata as obras de 1970-1980.
Como o mesmo autor indica, esta obra operaría como un "instrumento de traballo". É dicir, unha ferramenta didáctica operativa no só no ámbito do ensino, senón tamén no eido da investigación. Pois, como afirman algúns historiadores e historiadoras da nosa literatura, a súa análise sobre as obras da xeración Nós é destacable polo seu achegamento directo cos autores, o que posibilitou interpretacións excepcionais sobre as obras do período e converteuse nunha referencia para o seu tratamento.
Referencias:
- Grande, Xosé L. Franco e Rajó Pazó, Anxo X. Francisco Fernández del Riego: galeguista de acción e cultura. Ir Indo Edicións, 2023.