Llengües

Inici >> Coneix el CRAI >> Biblioteques >> CRAI Biblioteca de Lletres >> Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego, o camiño dun intelectual

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego, o camiño dun intelectual

Francisco Jesús Benito Antonio Fernández del Riego (Lourenzá, 1913- Vigo, 2010) foi un ensaísta, intelectual e promotor da cultura galega. Probablemente, un dos activistas máis destacados na defensa da lingua durante o século XX. A figura de Fernández del Riego é homenaxeada en 2023 no marco do Día das Letras Galega e isto  non é máis que un xiro inesperado: recibe o seu merecido recoñecemento a través dunha celebración que el mesmo imaxinou e instituíu en 1963. Del Riego produciu unha obra intelectual moi heteroxénea porque gozou dunha vida dinámica e estimulante. É por iso que esta breve exposición virtual procura facer xustiza a ese vencello entre biografía e obra, camiño vital e escrita literaria.

Introdución e índice

Xa que logo, a nosa exposición está divida en cinco paneis, os dous primeiros intentan facer un achegamento xeral á dimensión biográfica do noso autor. Os tres seguintes, atenden os seus proxectos máis destacados: Editorial Galaxia, Grial, a Historia da literatura galega e a súa relación coa Real Academia Galega e a Fundación Penzol. Xa que logo, a intención desta exposición e presentar unha paisaxe xeral da labor fundacional de Fernández del Riego na nosa cultura.

 

Francisco Fernández del Riego

 

1. Biografía de Fernández del Riego

2. Un galeguista de acción para a cultura
3. Del Riego como editor: Editorial Galaxia e Grial
4. Historia da literatura galega
Caricatura de don Paco
(Francisco Fernández del Riego).
This image was taken by HombreDHojalata.talk
5. Crear institucións para crear un país: Real Academia Galega e Fundación Pezol

 

Crèdits

Responsables d'aquesta exposició:

  • Texts i imatges: Prof. Rodrigo Alfayalector de gallec a la Universitat de Barcelona.
  • Edició i disseny: Esther Acereda i Gabriel Tomàs.

 

<br />
Opineu sobre aquesta exposició

abril, 2024

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia