Llengües

1. Biografía de Fernández del Riego

Imaxe de carné de Francisco Fernández del Riego
Imaxe de carné de Francisco Fernández del Riego
Fonte: https://shorturl.at/girw4

 

Francisco Jesús Benito Antonio Fernández del Riego naceu en Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. A vila luguesa, achegada ao extremo norte do país, foi o seu espazo de crecemento. O sitio de orixe, segundo  comenta o mesmo Fernández del Riego na súas memorias,  era “de escasas dimensións e pequenas rúas”. Compartía o fogar co avó e a avoa materna, quen, segundo narra Malores Villanueva, alimentou o espírito literario de Francisco a través das cantigas populares que adoitaba cantarlle cando era un cativo.

 

Máis tarde, a algúns quilómetros da vila inicial, no Instituto de Lugo, o mozo Francisco continuaría a súa formación académica e anos despois, tras rematar o bacharelato,  Francisco marcharía a Madrid, coa intención de iniciar os seus estudos en Dereito na Universidade Central. Alí, del Riego experimenta en primeiro termo a activa mobilización universitaria. Os anos previos á instauración da República serían de gran dinamismo político na capital e Francisco ingresa á Agrupación al Servicio de la República.

 

No entanto, en 1931, o pai de Francisco experimenta unha preocupación pola efervescencia política da capital e Fernández del Riego, xunto con toda a súa familia, marchan a Santiago de Compostela coa intención de que continuase os seus estudos. A súa chegada non só supuxo unha continuación da súa formación universitaria, senón que tamén significou o seu vencello co Seminario de Estudos Galegos, onde participaría activamente durante os anos seguintes. Xa que logo, a súa integración coas Mocedades Galeguista sería o paso consecuente na súa traxectoria política. Sobre todo, nun momento en que a discusión sobre un posible Estatuto de autonomía está no centro de importantes conversas. Durante o mesmo período, del Riego non abandona o seu interese pola produción editorial e aproveita para publicar e participar en diferentes xornais e revistas: Alento, Universitarios, A Nosa Terra e Ser.

 

Fonte: Cabeceira do primeiro número de A Nosa Terra
Fonte: Cabeceira do primeiro número de A Nosa Terra

 

Porén, a actividade política e intelectual de Fernández del Riego muda trala guerra. Chega a Vigo en 1939 e traballa no despacho de Valentín Paz Andrade. Un ano despois, casa con Evelina Hervellena, científica en formación que chegaría a Santiago de Compostela en 1933, lugar onde tería o seu encontro co autor.  Durante os mesmos anos, Francisco decide, xunto con Enrique Peinador e Manuel Gómez Román, reorganizar o Partido Galeguista. Proxecto que rematou coa detención de Ramón Piñeiro, pero que demostrou a enorme ansia  de Francisco por dar continuidade aos seus propios proxectos políticos.

 

Durante 1948, Fernández del Riego e Xaime Isla, quen coñecera anos antes no grupo Ultreya, presentan un suplemento ao xornal sabatino La Noche. Experiencia que serviu como antecedente para a creación da Editorial Galaxia, que celebra a súa asemblea fundacional en 1950. Como se pode supoñer, a relación de del Riego e Isla foi moi frutífera no eido editorial durante esta década.

 

Vigo en 1944 Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego.
Vigo en 1944 Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego.

 

En 1951, un ano despois do nacemento de Galaxia, Fernández del Riego busca atopar o xeito de iniciar unha publicación periódica. Xa que logo, xunto coa colaboración de Ramón Piñeiro, publica Grial. Con todo, convén recoñecer a historia desta revista en dous momentos, o primeiro, asociado a 1951, ata a chegada da censura, e un segundo, que se mantén ata os nosos días, que inicia en 1963.

 

Del Riego tivo tamén relevancia na prensa da emigración galega e foi colaborador dalgúns xornais como Galicia Emigrante, Vieiros ou a Revista do Centro Galego de Bos Aires, na que participou reiteradamente.

 

Francisco Fernández del Riego publicou máis de trinta ensaios e asumiu a coordinación de proxecto editoriais como a Historia da literatura galega de Carvalho Calero ou a colección de poesía Salnés. Como afirma Dolores Vilavedra, a súa obra tivo especial relevancia na formación e transmisión da historia literaria e cultural galega. Destacan, por exemplo, a súa Historia de la literatura gallega (1951) ou as súas diversas escolmas de poesía, que permitiron dar forma a unha xeración poética. Xa que logo, o papel de Fernández del Riego foi fundacional na construción do noso sistema literario e na formalización dos procesos de transmisión cultural.

 

En 1997, del Riego é asignado como presidente da Real Academia Galega. Cargo que ocupa durante os catro anos correspondentes. Finalmente, o 16 de novembro de 1997, Francisco Fernández del Riego morre na súa residencia en Vigo.

Francisco Fernández del Riego na Real Academia Galega. Fonte: Extraída de Extraído de Galiciana Arquivo Dixital Galicia.
Francisco Fernández del Riego na Real Academia Galega. Fonte: Extraída de Extraído de Galiciana Arquivo Dixital Galicia.

 

Referencias:

  • Alonso Montero, Xesús. «Sobre a editorial Galaxia (1950) e a súa acción cultural (e política) en tempos moi menesterosos, cunha ampla incursión cos nomes dalgúns fundadores, un deles Francisco Fernández del Riego». Francisco Fernández del Riego. Ao meu xeito rebelde. Universidade de Santiago de Compostela, 2023.
  • Grande, Xosé L. Franco e Rajó Pazó, Anxo X. Francisco Fernández del Riego: galeguista de acción e cultura. Ir Indo Edicións, 2023.
  • Fernández del Riego, Francisco. Camiño andado. Editorial Galaxia, 2023.
  • Mascato, Antón. De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego. Editora Alvarellos, 2023.
  • Vilavedra, Dolores. «Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010)
  • Villanueva Gesteira, Malores. Francisco Fernández del Riego: un loitador pola idea de Galicia. Editorial Galaxia,  2022.

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia