Llengües

2. Un galeguista de acción para a cultura

A mocidade de Fernández del Riego atopou moi pronto a súa propia traxectoria política. Como documentan Franco Grande e Rajó Pazó, o mozo Francisco, instalado en Madrid para completar os seus estudos en Dereito, formou parte moi pronto da FUE (Federación Universitaria Escolar), que protagonizou importantes movementos de protesta estudantil durante a segunda década do século. No mesmo período, Francisco participa na Granja del Henar, un faladoiro  a cargo de Valle-Inclán que reuniu a vida intelectual galega da capital. Como sucedeu con outros intelectuais, a vontade galeguista de Fernández del Riego toma forma nos espazos de preservación cultural fóra do territorio galego.

 

Fernández del Riego en 1931. Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego.
Fernández del Riego en 1931. Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego.

 

 

En 1931, Fernández del Riego regresa a Galicia, pero está vez coa intención de formarse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, mantén un vencello relevante para a súa formación co Seminario de Estudos Galegos e con Luís Tobio Fernández. Será un momento de significativo crecemento intelectual, pois coñece e comparte espazo con Carvalho Calero, Xesús Carro, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Ramón Cabanillas. Trátase da súa achega directa coa xeración Nós, que experimenta xa os seus últimos anos de efervescencia.

 

Ata este punto, convén recoñecer a participación do noso Francisco en publicacións moi diversas: Universitarios, Alento, Ser e A Nosa Terra. A súa colaboración en publicacións desta orde anticipan a relación que manterá, anos despois, co universo editorial de Galicia. Así, unha das experiencia máis importantes para o seu futuro sería un suplemento sabatino do xornal La Noche, que coordinou con Xaime Isla, secretario xeral das Mocedades Galeguistas de Vigo. Con todo, o suplemento durou pouco, por foi censurado polo réxime. Con todo, como se pode asumir, Xaime e Francisco compartían un forte interese pola relación entre a produción editorial e a vida política. Este vencello explica o futuro da súa vida intelectual.

 

No mesmo período, Fernández del Riego é secretario das Mocedades Galeguistas. Alí, aparece un novo obxectivo colectivo: a creación e publicación dun posible Estatuto de Autonomía. Francisco, xa con experiencia na escrita e a práctica editorial, colabora activamente coa comisión encargada da redacción e posteriormente foi asignado membro da comisión de propaganda. Alí, achegado a Alexandre Bóveda, Francisco comeza unha aventura destinada á propagación do Estatuto, un camiño que o  obriga a percorrer non só o territorio galego, senón unha parte importante da península. 

 

Carné do Partido Galeguista Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego
Carné do Partido Galeguista Fonte: Extraída de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego

 

Convén revisar tamén algúns acontecementos que definen a súa actividade política na década do 40 e que preparan as condicións para dous dos seus proxectos máis importantes: Editorial Galaxia e a revista Grial. Trala instalación da ditadura, Fernández del Riego, xunto con Enrique Peinador e Manuel Gómez Román, preparan a reorganización do Partido Galeguista. Segundo documenta o Consello da Cultura, nunha casiña de verán en Coruxo, asignan os novos cargos da organización e Francisco é recoñecido como secretario do Exterior e de Propaganda. No entanto, a detención de Ramón Piñeiro estraga o proxecto colectivo e os membros enterran o material político no monte do Castro.

 

É tamén por aquela época que Del Riego experimenta o conflito político en primeiro termo: en 1948 o seu pai sofre un atentado. A experiencia, para Franco Grande e Rajó Pazó, é case formativa para o seu carácter. Prepara o camiño que o intelectual está por percorrer nos vindeiros anos.

 

Referencias:

  • Grande, Xosé L. Franco e Rajó Pazó, Anxo X. Francisco Fernández del Riego: galeguista de acción e cultura. Ir Indo Edicións, 2023.
  • Mascato, Antón. De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego. Editora Alvarellos, 2023.
  • Villanueva Gesteira, Malores. Francisco Fernández del Riego: un loitador pola idea de Galicia. Editorial Galaxia,  2022.

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia