Non se pode falar de Xela Arias sen pasar pola actividade que desenvolveu practicamente durante toda a súa carreira profesional: a tradución. Nun momento en que o sistema editorial galego contemporáneo estaba a se conformar, Arias desempeñou un labor importantísimo á hora de dotar de capital literario a cultura do país, vertendo ao galego textos provenientes de linguas como o inglés, o francés, o italiano, o neerlandés, o portugués ou o alemán: Camilo Castelo Branco, Carlos Oroza, Roal Dahl, Gianni Rodari, Ferminore Cooper...
![]() |
![]() |
O seu traballo como tradutora mereceulle o Premio de Tradução da Sociedade da Língua Portuguesa en 1987 e mais o Premio Ramón Cabanillas en 1994, compartido este último con Darío Xohán Cabana.
![](/sites/default/files/exposicions/crai.lletres/xela-arias/xelaacade_002a.jpg)
Traducir para o galego significaba entón, aínda máis ca hoxe, apostar pola normalización da lingua, introducindo nela novos universos discursivos e tamén facilitando o transvasamento de capital cultural, propiciando unha mellora da calidade da produción literaria en Galicia. A respecto disto, podémoslle ler:
Faro de Vigo, 21 de xuño de 1987.