Llengües

A poesía de Xela Arias

AUTOPOÉTICA

Sábeme ti dicir desta torre de soltos.
 
Eu non sei máis.
 
Nin moito máis me importa, non penses.
 
Compaxínome coa vida diaria e sei
 
o preciso para estarabouzar por veces esta sida grotesca
 
a nos manter tan homes e mulleres:
 
afectados.
 
Síndrome
 
de sabérmonos sen tódalas defensas.
 
Síndrome
 
que traiamos adquirida e agora sumamos.
 
Síndrome, conta con iso, que en min alimento
 
para buscarme negra, si, negra, negra e afectada.
 
O resto,
 
o resto como un aire de taller.
 
Boletín Galego de Literatura, 11 (1994)
 

 

 

Arias ten reflexionado abondo sobre a súa poética tanto en entrevistas como en poemas autorreflexivos. Para ela, o interese da poesía radica na indagación dos conflitos velados que sofren as persoas. Xela cre no poema capaz de poñer contra as cordas a orde habitual das cousas, no verso que desenmascara a crueldade da vida.

 

 
A de Xela Arias é unha poesía culta, mais non culturalista. Nela conflúen ecos de Rilke e Hölderlin, mais tamén de Rosalía de Castro e os traballos literarios da Xeración Nós, así como tamén comparecen influencias da poesía da xeración Beat, as referencias á cultura rock como Lou Reed, un diálogo constante e sempre fértil con outras artes, como a escultura, a fotografía, a pintura.
 
Todo isto acaba por configurar unha poesía de corte vangardista, cunha linguaxe violenta atrapada en si mesma, convertendo o poema nun artefacto inestable, complexo e cheo de referencias a un mundo que nunca antes fora poetizado en galego.
 
A de Xela Arias é unha poesía do amor non idealizado, do amor contraditorio. Tamén é a poesía das problemáticas contemporáneas do individuo, difuminado na cidade, da fuxida do ritmo frenético do sistema mediante as drogas, que se presentan en forma de metáforas animais sobre os que se pode ir a lombos. É unha poesía onírica, de imaxe visionaria de corte surrealista. E é, en definitiva, unha poesía da linguaxe, sempre inconforme coas constricións creativas que a linguaxe lle supón ao poema. Trátase dunha poesía moi intensa que lle esixe a quen a lea moita atención e perspicacia.
 
Denuncia do equilibrio          Intempériome

  

 

 
Dende Denuncia do equilibrio (1986) ata Intempériome (2003), pasando por Tigres coma cabalos (1990) e Darío a diario (1996), a súa poesía evoluciona sobre unha mesma base: a cuestión do Outro, a disociación da entidade psíquica e fisiolóxica do eu e do espazo que o arrodea. Sobre estes alicerces modúlanse variantes temáticas e estilísticas como a dimensión política da identidade, o diálogo coa fotografía, a reflexión sobre a maternidade e un serodio exercicio de intensificación e tensión das categorías gramaticais e sintácticas da linguaxe.
 

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright


Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                            Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia