Llengües

Inici >> Coneix el CRAI >> Biblioteques >> CRAI Biblioteca de Lletres >> Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) é o poeta máis destacado do exilio galego en México. Autor de poemas centrados no canto á súa comarca valdeorresa antes da guerra, publicou antes da guerra Bebedeira (1934), un canto báquico onde a celebración do entorno natural cede protagonismo ao viño como froito da terra e símbolo do fluxo que circula permanentemente desde o subsolo ao alento vital dos seus habitantes. Esa concepción da vida como inmersión nun ecosistema aflora tamén no exilio e así xorden os poemas mexicanos que publica na revista Vieiros e que despois serán o núcleo do seu poemario Galiza infinda (1963). As acción humanas só irrompen con forza durante a paréntese da guerra nos poemas do Cancioneiro da loita galega, tanto para celebrar o heroísmo das vítimas, coa súa rotunda beleza que se compara coa das árbores caídas no bosque, como para denunciar a bestialización dos verdugos. 

Delgado Gurriarán representa o espírito do exilio galego de 1936-39, sempre activo e disposto a manter a memoria do proxecto galeguista e republicano en empresas culturais como as revisas Saudade (1942-43) e Vieiros (1959-68) ou a creación do Padroado da Cultura Galega, pero tamén aberto á cultura do novo país de acollida e a vivir o exilio como oportunidade de coñecemento. Por iso os seus poemas galegos imprégnase de ritmos e léxico mexicano e desenvolve a idea dunha pátria sen fronteiras e unha identidade fluída na que a cultura popular é a clave que xera fluxos comunicantes máis alá dos océanos. 

 

Galicia infinda

 

 

 

  • Dea xeral e edición: Gabriel Tomàs i Esther Acereda.
  • Textos a cargo de: Xunta de Galicia i Chus Lama.
  • Deseño gráfico: Gabriel Tomàs i Esther Acereda.
  • Imatge cartell: Anxo Baranga.
  • Deseño e presentació da exposición física: CRAI Biblioteca de Lletres.
  • Agradecementos: a Xunta de Galicia realización dos carteis desta exposición.

<br />
Opineu sobre aquesta exposició

maig, 2022

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright


Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                            Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia