Languages

Inici >> Node >> Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia

Signatura de Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, porque en el conflúen tres facetas importantes: a dedicación ao estudo da lingua e a literatura galega, o maxisterio que impartiu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a creación literaria, especialmente no xénero poético. Membro do Seminario de Estudos Galegos, participa na fundación do Partido Galeguista en 1931 e na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936, oficial do exército republicano, profesor e académico da RAG.

En català

     A súa biografía está marcada pola Guerra Civil -que rememora na novela Scórpio (1987)-, a represión e a ditadura franquista, o que non lle impediu crear unha importante obra académica, literaria, didáctica e divulgativa. Elabora traballos fundamentais como a Historia da literatura galega contemporánea (1863, ampliada en 1975) e a Gramática elemental del gallego común (1966). As súas incursións lingüísticas aparecen ao comezo vencelladas aos seus estudos literarios, despois virarán cara ao plano didáctico e desembocarán nos problemas da codificación e da política lingüística.

 

 

  • Dea xeral e edición: Gabriel Tomás i Esther Acereda .
  • Textos a cargo de: María Xesús Lama López (Estudis Gallecs i Portuguesos de la UB).
  • Deseño gráfico: Gabriel Tomás, Carolina Zarauza i Esther Acereda.
  • Deseño e presentació da exposición física: CRAI Biblioteca de Lletres.
  • Agradecementos: a Maria Xesús Lama pola realización dos textos desta exposición, á Real Academia Galega e ao Parlamento de Galicia pola súa colaboración facilitándonos o acceso aos seus fondos documentais e a Moncho Rama polo seu permiso de uso dalgunhas das súas fotografias, permitíndonos entre todos ilustrar graficamente o percorrido que fixemos pola vida e a figura de  Ricardo Carvalho Calero.

<br />
Opineu sobre aquesta exposició

July, 2020

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAIUB CRAI YouTube Channel

 

Footer - Copyright

 

 Except where otherwise noted, content on CRAI UB web is licensed under a Creative Commons Attribution 4.0 International License.

Campus d'exelencia

CRAI Sustainability Plan                            Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia