Llengües

Inici >> Coneix el CRAI >> Biblioteques >> CRAI Biblioteca de Lletres >> Letras Galegas 2021: Xela Arias

Letras Galegas 2021: Xela Arias

Xela Arias
Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) foi unha poeta galega e tradutora que desenvolveu a súa obra dende finais da década de 1980 e comezos da dos 2000. A súa figura, celebrada este ano 2021 no Día das Letras Galegas, está a espertar cada vez máis interese no eido da cultura galega dada a singularidade da súa obra no contexto da revolución poética vivida en Galicia nos derradeiros vinte anos do século XX. Foi unha figura moi activa na renovación cultural, tanto dende a súa faceta de tradutora como da de editora en Xerais, editorial sen a cal non se entende a efervescencia literaria daquel momento.
 
Dos seus corenta e un anos de vida legounos só catro poemarios, entre os que se atopa un álbum de poesía e fotografía en coautoría con Xulio Gil, Tigres coma cabalos (1990), pioneiro en Galicia pola súa interdisciplinaridade. A súa poética sitúaa como unha das voces que, contra finais da década de 1980, abre moitas das liñas temáticas da poesía galega da década seguinte.
  • Dea xeral e edición: Gabriel Tomás i Esther Acereda .
  • Textos a cargo de: Anton Blanco Casás (Estudis Gallecs i Portuguesos de la UB).
  • Deseño gráfico: Gabriel Tomás, Carolina Zarauza i Esther Acereda.
  • Deseño e presentació da exposición física: CRAI Biblioteca de Lletres.
  • Agradecementos: a Anton Blanco Casás pola realización dos textos desta exposición, á Real Academia Galega pola súa colaboración facilitándonos o acceso aos seus fondos documentais e a Xulio Gil e a Lois Arias polo seu permiso de uso dalgunhas das súas fotografias, permitíndonos entre todos ilustrar graficamente o percorrido que fixemos pola vida e a figura de Xela Arias.
 

<br />
Opineu sobre aquesta exposició

maig, 2021

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia