Llengües

5. Carvalho Calero e o estudo da lingua

InfoCRAI coronavirus

Ricardo Carvalho Calero en la celebración del Día de las Letras Gallegas de 1980 junto a ,Marino Dónega, Domingo García-Sabell e Francisco Vales Villamarín. [Fotografía] 1980. Real Academia Gallega <https://bit.ly/3gt0QSh>

     O seu traballo coa lingua desenvólvese sobre todo a partir da elaboración do manual Gramática elemental del gallego común (1966). En 1970 a RAG encárgalle a elaboración, con Filgueira Valverde e Ramón Piñeiro, das súas primeiras Normas ortográficas do galego (1970) e as Nornas lingüísticas do galego (1971).
 

Carvalho Calero, Ricardo. Sobre lingua e literatura  galega. Vigo, 1971. Galaxia.           < https://bit.ly/2AgBtma >

Ricardo Carvalho Calero. Sobre lingua e
literatura  galega. Vigo, Galaxia, 1971.

Co desenvolvemento dos estudos dialectolóxicos desde a fundación do Instituto da Lingua Galega en 1971 xorden discrepancias nos criterios lingüísticos ata configurarse dúas propostas diferenciades no proceso de normativización da lingua: isolacionista e reintegracionista. Do ILG xorde a proposta dos manuais de ensino Gallego 1, 2 e 3, que apostan por solucións morfolóxicas baseadas na fala e ortografía común á do castelán. No intento de unificar as posturas discordantes xorden varios textos: Bases para a unificación das normas lingüísticas do galego (1977), produto dos estudos dialectais e as reunions de deliberación con asistencia de escritores, académicos e investigadores, e as Directrices para a reintegración lingüística do galego-portugués (1979) de Martiño Montero. Ante esta situación a Consellaría de Educación e Cultura convoca unha Comisión Lingüística para establecer unhas directrices normativas claras para os textos oficiais, e nomea presidente a Carvalho Calero. Baixo a súa dirección esa comisión elabora as Normas ortográficas do idioma galego (1980). Sen embargo o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, seguindo criterios das Bases, aproban Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982), oficializadas inmediatamente pola Xunta de Galicia. Como consecuencia, a discrepancia de Carvalho Calero coa normativa oficial vólvese en frontal. Na década dos oitenta, envórcase de cheo na polémica normativa e convértese en referente do reintegracionismo. Mesmo cambia a grafía do seu apelido, que respectamos aquí fronte á forma coa que publicou a maioría das súas obres: Carballo Calero.

     Nos últimos anos os seus artigos tema de lingüístico, en defensa da súa proposta reintegracionista, recóllense nos volumes Problemas da língua galega  (Lisboa, 1980) e Da fala e da escrita (1983).

 

 
 
 

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright


Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                            Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia