Llengües

Inici >> Coneix el CRAI >> Biblioteques >> CRAI Biblioteca de Lletres >> Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia >> Letras Galegas 2020: Carvalho Calero, historiador e crítico literario (03)

Letras Galegas 2020: Carvalho Calero, historiador e crítico literario (03)

Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego e Carvalho Calero. [Fotografía] Santiago de Compostela, 1930. Parlamento de Galicia.  Domini públic. <https://bit.ly/3dbifwV>

     Na década dos cincuenta retoma a súa actividade de publicista, colaborando —ás veces baixo pseudónimo—na prensa diaria (La Noche), en revistas literarias (Alba, Aturuxo) e en publicacións especializadas (Cua-dernos de Estudios Gallegos). Ao mesmo tempo dá pasos decisivos na súa carreira: en 1954 doutorouse en Madrid cunha tese que publica baixo o título Aportaciones a la literatura contemporánea (1955), e a súa versión en galego titulada Sete poetas galegos, en que estuda a obra de Rosalía, Pondal, Curros, Noriega, Varela, Cabanillas, Amado, Carvalho e Manuel Antonio. En 1958 ingresa na RAG co discurso«Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía».

     Na década seguinte publica a súa monografía máis importante: a Historia da Literatura Galega Contemporánea (1963), dedicado ao século XIX, ampliando ata 1936 na segunda edición de 1975. Trátase dun traballo monumental que ofrece un relato sistemático e exhaustivamente documentado da construción da literatura en galego na idade contemporánea, sentando o criterio filolóxico (a literatura galega é a escrita en lingua galega) e establecendo cun fundamento crítico rigoroso un canon de autores clásicos e unha organización xerárquica do conxunto da produción.

 

   
Ricardo Carvalho Calero. Historia da literatura
galega contemporánea, Vigo, Galaxia, 1975.
   
Ricardo Carvalho Calero. Sete poetas galegos.
Vigo, Galaxia, 1955.

    A parte do seu traballo historiográfico publica múltiples artigos. A súa produción crítica céntrase nos autores do Rexurdimento, especialmente Rosalía de Castro (recollidos en Estudos rosalianos, 1977) e da Xeración Nós —principalmente Otero Pedrayo e Castelao— e mais os poetas de preguerra, desde Ramón Cabanillas ata Manuel Antonio. Dos seus coetáneos, os preferidos foron Cunqueiro e Pimentel. Sen dúbida, debe ser considerado o fundador dos estudos literarios galegos.

 

 
 

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia