Llengües

Letras Galegas 2020: Carvalho Calero, da cadea á cátedra (02)

Ricardo Carvalho y sus alumnos del colegio Fingoi. [Fotografía] Lugo. Feira de Castroncán?, 1954. Proxecto Don Ricardo de Fingoi <https://bit.ly/3db6TZF>

     Na primavera de 1942 foi liberado e puido regresar a Ferrol. Sancionado coa prohibición de exercer como profesor oficial comezou a traballar en condicións precarias dando clases nalgún centro privado, e escribiu as súas primeiras obras de teatro, máis poesía e a que sería primeira novela da posguerra, A xente da Barreira (1950), que gañou o primeiro premio de novela da editorial Bibliófilos gallegos.



     En 1950 o empresario lucense Antonio Fernández López funda o Colexio Fingoi cun avanzado proxecto pedagóxico, privado e laico, e contratan a Ricardo Carballo Calero como director, que permanece nese posto ata 1965. Os irmáns Fernández López, Antonio e Xosé, exerceron de mecenas da cultura galega apoiando a través do colexio a formación de profesorado do círculo galeguista (Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova) e a creación dun centro de estudos lingüísticos e literarios, ao tempo que financiaban a fundación da Editorial Galaxia. De Fingoi sae a publicación dos Contos populares da provincia de Lugo (1963) e a edición crítica de Cantigas de Pero Meogo de Méndez Ferrín (1966).

 

 

Ricardo Carvhaelo. [Fotografía]  Aprox. 1930. Parlamento Gallego.  Domini públic. <https://bit.ly/2TMcnT4>  
Ricardo Carvalho Calero (1930). Font: Asociación
Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
 
Ricardo Carvalho Calero. Contos populares da
provincia de Lugo. Vigo, Galaxia, 1972.

     En 1965 trasládase a Santiago de Compostela como profesor de Lingua e literatura española no Instituto Rosalía de Castro e profesor contratado de Lingua e literatura galega na Universidade. É a primeira experiencia de ensino do galego na universidade, que non chegaría a consolidarse nunha cátedra ata 1972, cando Carvalho ten xa sesenta e dous anos. Os 15 anos que dedicou á docencia universitaria permitíronlle por fin desenvolver unha prolífica obra como investigador, publicando obras fundamentais para o estudo da lingua e da literatura galega.

 

Segueix-nos

totes les xarxes socials del CRAI icono de canal de contenidos sindicado  twitter Blog del CRAICanal de YouTube del CRAI de la UB

 

Footer - Copyright

 

Logo de Creative Commons Els continguts del web CRAI UB estan subjectes a la llicència de Reconeixement de Creative Commons 4.0, llevat que s'hi indiqui el contrari.

 

Campus d'exelencia

Pla de sostenibilitat del CRAI                           Segell EFQM 500    Logo de Bibliotecas comprometidas con la excelencia